agrocuir-web

Festival Agrocuir

O Colectivo Agrocuir da Ulloa, colectivo organizador deste festival, ten como principal obxectivo visibilizar un rural afectivo e sexualmente diverso. Ademáis, aposta por mostrar, defender e dar valor a outros principios como a sostibilidade, o respecto ao patrimonio material e inmaterial, e o ecoloxismo; defendendo a diversidade, tanto social como natural. Feira, música ao vivo, obradoiros, mesa redonda, contacontos, cinema… darán cor a esta cuarta edición do Festival Agrocuir da Ulloa. O noso colectivo non ten ánimo de lucro. Tódo-los ingresos obtidos da venda de entradas e merchandising serán destinados a cubrir os gastos do evento. Respectemos o que cada unha queira ser –tanto en relación ás demais persoas como á natureza–, abramos o abanico de cores e compartamos un encontro tan máxico como sempre!

https://festivalagrocuir.wordpress.com/